-
As baixas por anulación suporán unha modificación do orzamento de gastos consistente na diminución, total ou parcial, do crédito asignado a unha determinada partida de gastos.
-
Corresponderalle ao reitor ou reitora autorizar as baixas por anulación de créditos.
-
Poderán dar lugar a unha baixa por anulación de créditos:
a) O financiamento do déficit na liquidación definitiva do exercicio anterior.
b) A diminución das previsións de ingresos, coa conseguinte baixa de dereitos nos termos indicados no artigo 38.
c) As devolucións de ingresos indebidos.
Sección 1ª. Aspectos xerais