-
A xestión do orzamento inicial deberase realizar sobre a base da planificación das actividades necesarias para a consecución dos obxectivos fixados, de tal forma que se garanta a execución do orzamento no exercicio.
-
No suposto de actuacións ou actividades con financiamento afectado, teranse en conta as previsións, finalidades e obxectivos marcados polas entidades ou axentes que as financien. Para tal fin, o responsable da actividade deberá proporcionar unha planificación do gasto que servirá de base para a distribución do crédito no suposto en que a actividade abranga máis dun exercicio.