-
Os créditos destinados a atender gastos que no último día do exercicio orzamentario non estean comprometidos para o cumprimento de obrigacións recoñecidas quedarán anulados de pleno dereito.
-
Non obstante, incorporaranse como remanentes especificamente vinculados a ingresos afectados os créditos seguintes:
a) Os procedentes de partidas de gasto con financiamento condicionado, sempre que a súa vixencia se estenda máis alá da fin do exercicio.
b) Os destinados a programas propios definidos polos órganos de goberno da USC, durante o período de vixencia para o cal fosen aprobados.
- Igualmente, poderanse incorporar para o seu financiamento mediante o remanente xenérico de tesouraría, de ser o caso, os remanentes relacionados coas seguintes operacións:
a) Créditos extraordinarios e os suplementos de crédito, así como as transferencias de crédito concedidos ou autorizadas, respectivamente, no último trimestre do exercicio orzamentario e que, por causas xustificadas, non puideron ser utilizados durante este.
b) Créditos sen financiamento condicionado que recollan compromisos de gastos, sempre que se contraian antes do último mes do exercicio orzamentario e que non se puidesen executar á súa fin por causas xustificadas.
c) Créditos destinados a actuacións de investimento, cando se iniciase a execución de gastos no exercicio que finaliza e unicamente polo importe reservado e pendente de executar.
d) Créditos derivados de modificacións orzamentarias de xeración de crédito establecidas no artigo 29.
-
Nas bases de execución poderanse determinar outros posibles supostos de incorporación de remanentes.
-
As incorporacións dos remanentes de crédito serán autorizadas polo reitor ou reitora e darase conta ao Consello de Goberno e ao Consello Social dos expedientes aprobados.
-
Os créditos financiados con remanente xenérico de tesouraría unicamente poderán ser aplicados dentro do exercicio en que se acorde a incorporación.