-
Naqueles casos en que resulte necesario efectuar un gasto específico e determinado con cargo ao orzamento da Universidade que non se poida atrasar ao exercicio seguinte, e para o que non exista crédito adecuado no orzamento, poderase realizar a oportuna modificación orzamentaria mediante a tramitación dun crédito extraordinario.
-
Correspóndelle ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, a aprobación dos créditos extraordinarios sobre a base dunha exposición motivada que será elaborada pola Xerencia.