-
Sempre que se deba realizar algún gasto específico e determinado con cargo ao or- zamento da Universidade que non se poida adiar ao exercicio seguinte, e para o cal resulte insuficiente e non ampliable o crédito consignado no estado de gastos, poderase autorizar a concesión dun suplemento de crédito para o que será necesario contar co correspondente financiamento.
-
Correspóndelle ao Consello Social, por proposta do Consello de Goberno, a aprobación dos suplementos de crédito sobre a base dunha exposición motivada que será elaborada pola Xerencia.