- As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións de alcance xeral:
a) Non afectarán os créditos ampliables, suplementos de crédito nin os extraordinarios concedidos durante o exercicio.
b) Non minorarán os créditos incorporados como consecuencia de remanentes de exercicios anteriores, nin os que fosen incrementados mediante transferencias.
c) Non incrementarán os créditos que, como consecuencia doutras transferencias, xa foron obxecto de minoración.
- As limitacións previstas no punto anterior non serán de aplicación cando se refiran a gastos de persoal, cando se trate de créditos modificados como consecuencia de reorganizacións administrativas ou ben aqueles que amparen gastos financiados totalmente ou en parte con fondos finalistas.