-
As xeracións de crédito son modificacións que incrementan os créditos no estado de gastos do orzamento, como consecuencia da realización de determinados ingresos non previstos ou superiores aos inicialmente orzados.
-
Correspóndelle ao reitor ou reitora a aprobación das xeracións de crédito.
-
Poderán xerar crédito nos estados de gastos do orzamento da Universidade os ingresos liquidados que superen a previsión de ingresos orzados, derivados das seguintes operacións:
a) Prestación de servizos.
b) Venda de bens.
c) Ingresos afectados á realización de actuacións determinadas.
d) Ingresos por reintegros de pagamentos indebidos.
e) Achegas de persoas físicas ou xurídicas para o financiamento de gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da Universidade.
- Cando os ingresos proveñan da venda de bens ou prestación de servizos, as xeracións efectuaranse unicamente naqueles créditos destinados a cubrir gastos da mesma natureza que os que se orixinaron pola adquisición ou produción dos bens ou servizos.