-
En cada unidade, servizo e órgano de goberno aos que se refire no artigo 2 deste regulamento estarán, cando menos, dúas persoas dadas de alta no sistema de QSP, entre as cales deberá estar obrigatoriamente a persoa de maior responsabilidade xerárquica.
-
No caso dos centros, a persoa que ocupe o cargo de decano/a ou director/a estará acompañada pola persoa responsable de xestionar os procesos internos de calidade do citado centro.
-
As persoas xestoras das QSP terán a competencia de comunicar, estudar e resolver sobre as queixas, suxestións e parabéns presentadas, recadando, se é preciso, información doutros membros do centro, servizo ou unidade administrativa previamente á súa resolución. Serán tamén responsables de comunicar as altas, baixas e calquera modificación relacionada coas persoas dadas de alta no sistema de QSP.
📌 Lo esencial para el examen
- En cada unidade: cando menos, dúas persoas dadas de alta.
- Entre elas, obrigatoriamente a persoa de maior responsabilidade xerárquica.
- Nos centros, o decano/a ou director/a vai acompañado pola persoa responsable dos procesos internos de calidade.
- Competencia das persoas xestoras: comunicar, estudar e resolver sobre as QSP.