-
Quedan excluídas do ámbito de aplicación do presente regulamento as reclamacións respecto das cualificacións das probas de avaliación, que son xestionadas a través do procedemento establecido no Regulamento de estudantes, e todas as reclamacións, queixas ou consultas cuxa resolución deba ampararse nun procedemento administrativo específico ou na normativa sobre a materia á que se refira.
-
Quedan así mesmo excluídas as reclamacións e as queixas do persoal funcionario e laboral no relativo ás súas relacións de prestación de servizos na Universidade de Vigo.
-
Quedan excluídas as denuncias de acoso sexual e por razón de sexo que requiran a activación do Protocolo marco de acción para a prevención e sanción do acoso sexual, e as solicitudes de activación do Protocolo de actuación para o cambio de nome e o de xénero de uso común das persoas transexuais, transxénero e intersexuais na Universidade de Vigo.
-
Ao non ter a consideración de queixas, non se tramitarán conforme este regulamento, senón de acordo coa normativa reguladora de cada procedemento:
a) Os recursos administrativos que se interpoñan contra as disposicións ou as resolucións administrativas adoptadas polos órganos de goberno da Universidade de Vigo no exercicio das súas respectivas competencias, que se rexerán polo disposto nos estatutos e pola lexislación administrativa xeral, así como calquera outro recurso administrativo especial previsto pola lexislación vixente.
b) As reclamacións previas á vía xudicial civil ou laboral contra a Universidade de Vigo, que se rexerán pola súa lexislación específica.
c) As reclamacións de responsabilidade patrimonial contra a Universidade de Vigo pola lesión de bens e dereitos susceptibles de indemnización.
d) As reclamacións contra os actos e os trámites dos órganos de selección, que se rexerán pola súa propia normativa de impugnación. -
A presentación de queixas non suporá, en ningún caso, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer calquera persoa interesada.
📌 Lo esencial para el examen
- Excluídas: reclamacións de cualificacións (van polo Regulamento de estudantes).
- Excluídas: queixas do persoal funcionario e laboral sobre a súa relación de prestación de servizos.
- Excluídas: denuncias que activan o Protocolo de acoso sexual e por razón de sexo, e as de cambio de nome e xénero.
- Non son queixas: recursos administrativos, reclamacións previas á vía xudicial civil ou laboral, responsabilidade patrimonial e reclamacións contra os órganos de selección.
- Presentar unha queixa non suporá, en ningún caso, a renuncia a outros dereitos e accións.