-
Cando polo contido da QSP sexa necesario recadar información por parte doutra unidade para poder emitir a resposta, a aplicación informática permítelles solicitar os informes que considere oportunos ás unidades dadas de alta no sistema, sempre segundo os prazos establecidos no artigo 12 deste regulamento.
-
A función dos informes pedidos a terceiros é contar os feitos ou as circunstancias que motivaron a QSP e sustentar a resposta que ten que emitir o/a responsable da QSP, único competente para facelo. Por tanto, o informe non constituirá en ningún caso a resposta á QSP.
-
En todo caso, o responsable da QSP pedirá informe á persoa directamente relacionada coa "queixa", naqueles casos en que esta estea claramente identificada. A persoa citada disporá do prazo regulado no artigo 12.3 para responder coas alegacións que considere oportunas.
📌 Lo esencial para el examen
- Os informes serven para sustentar a resposta, pero non constituirá en ningún caso a resposta á QSP.
- Pídese sempre informe á persoa directamente relacionada coa queixa, se está claramente identificada.