-
As QSP rexistraranse nun formulario electrónico ao que se poderá acceder dende todas as páxinas web da Universidade de Vigo. Trátase dun modo de presentación das QSP centralizado, o cal facilita o seu tratamento. As persoas que sexan membros da comunidade universitaria poderán rexistrar unha QSP a través da súa secretaría virtual.
-
Se un/unha usuario/a presenta a mesma QSP a distintas unidades ou servizos, considerarase como unha única QSP e as restantes arquivaranse segundo o procedemento establecido neste regulamento.
-
Unha vez respondida a QSP, se se volve presentar por parte da mesma persoa, coa mesma finalidade e ante a mesma instancia, arquivarase.
-
Toda persoa que rexistre unha QSP deberá identificarse no sistema, polo que non se admitirá ningunha suxestión ou queixa presentada de forma anónima ou que non permita identificar a persoa interesada. Os seus datos permanecerán no anonimato e só os coñecerá a unidade administradora do sistema, agás que expresamente indique a súa conformidade para que os coñezan a unidade que vai responder a súa demanda ou parabén. En todo caso, deberá respectarse o previsto no artigo 4.3.
-
As QSP poden ser individuais ou colectivas. Neste último caso serán rexistradas por unha persoa representante e deberán achegarse os datos de identificación de todas as persoas interesadas. As actuacións a que dean lugar efectuaranse co ou coa representante que expresamente se designase ou, se for o caso, coa persoa que figure en primeiro lugar.
-
A QSP debe ser o máis concreta posible: indicará as datas e as horas nas que se produciu a incidencia, e precisará ao máximo posible a descrición dos feitos evitando declaracións xenéricas.
-
Os datos mínimos necesarios para tramitar a QSP son tipo de incidencia, tipo de usuario/a, unidade destinataria da QSP e idioma preferido para a resposta. A persoa usuaria pode achegar a través da aplicación informática calquera documentación que apoie, fundamente ou complete a súa QSP.
-
Despois de enviar o formulario, os datos quedarán rexistrados na aplicación informática. Ao entrar no sistema informático, a comunicación recibirá unha referencia co formato QSP-XX/YYYY, onde XX son os dous últimos díxitos do ano no que se fai a comunicación e YYYY un número secuencial.
-
O sistema informático enviaralle unha comunicación ao correo electrónico da persoa interesada e nel indicaralle que a súa comunicación foi rexistrada no sistema, a referencia, hora de presentación, enlace onde pode consultar o estado de tramitación da súa QSP e o prazo de resposta.
📌 Lo esencial para el examen
- As QSP rexístranse nun formulario electrónico; a comunidade universitaria tamén pola secretaría virtual.
- A mesma QSP presentada a varias unidades considérase unha única QSP.
- Hai que identificarse: non se admiten as presentadas de forma anónima.
- Nas colectivas actúase co representante designado ou coa persoa que figure en primeiro lugar.
- Datos mínimos: tipo de incidencia, tipo de usuario/a, unidade destinataria da QSP e idioma preferido para a resposta.
- Referencia: QSP-XX/YYYY (XX, dous últimos díxitos do ano; YYYY, número secuencial).