Correspóndelle á Xerencia determinar e concretar as atribucións do persoal que xestionará os asuntos económicos, entre as cales figurarán as seguintes:
a) Xestionar as partidas de gasto asignadas á respectiva unidade orgánica.
b) Tramitar os ingresos do centro ou unidade correspondente.
c) Informar e asesorar os directores das unidades de gasto sobre as normas que resul- ten aplicables e os trámites que cómpre realizar en cada caso, para unha correcta execución do orzamento.
d) Xestionar a conta de anticipos do centro ou unidade, da cal se deberá render, cando menos, conciliación anual.
e) Promover aquelas melloras que redunden nunha mellor coordinación e prestación do servizo.