-
Correspóndelle ao Consello Social, unha vez recibido o proxecto de orzamento xunto coas modificacións que, de ser o caso, poida introducir o Consello de Goberno e por proposta dese mesmo órgano, aprobar o orzamento da USC de acordo co previsto na normativa autonómica de aplicación.
-
O orzamento, unha vez aprobado, publicarase no Portal de transparencia da USC, sen prexuízo da publicación adicional nos diarios oficiais que proceda.
-
O orzamento aprobarase antes do 1 de xaneiro de cada ano e, en caso contrario, considerarase automaticamente prorrogado o inicial do exercicio anterior, nos termos previstos no artigo seguinte, e mentres non se produza a aprobación dun novo orzamento.