- O remanente de tesouraría estará constituído pola diferenza, na data de peche do exercicio, entre os dereitos liquidados cobrados ou pendentes de cobramento e as obrigacións recoñecidas pagadas ou pendentes de pagamento, e representa o resultado da liquidación dos ingresos e gastos orzamentarios.
Cando o resultado sexa positivo, o remanente de tesouraría xenérico ou non afectado, considerado como aquela parte do total non comprometida para gastos relacionados con fondos finalistas ou afectados, poderase utilizar para financiar gastos do exercicio seguinte.
- No suposto de liquidación do exercicio con remanente de tesouraría negativo, procederase de acordo co sinalado no artigo 81.5 da LOU en canto á redución do gasto que acordará o Consello Social.