-
A dotación dos fondos das contas bancarias que as unidades de gasto utilicen para os anticipos de caixa farase desde as contas operativas centrais e será contabilizada como unha operación non orzamentaria xestionada pola Xerencia.
-
As contas bancarias das unidades de gasto só poderán admitir ingresos procedentes da tesouraría da USC.
-
O pagamento a terceiros destas obrigacións farase mediante transferencia desde a conta bancaria que a unidade de gasto xestiona para este efecto. Os pagamentos que se realicen contra as contas centrais operativas no momento da contabilización destas obrigacións realizaranse como reposicións a aquelas contas.
-
Non se autorizará a apertura de contas bancarias por parte das unidades de gasto agás no suposto recollido neste artigo.