-
Os expedientes de gasto poderanse tramitar anticipadamente mediante o seu inicio no exercicio anterior a aquel en cuxo orzamento de gasto vaian ser imputados, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no orzamento da USC.
-
Considérase que existe crédito adecuado e suficiente cando se dan os seguintes supostos:
a) No caso dos créditos afectados, sempre que a natureza e a vixencia da actividade permitan a realización deses gastos e exista crédito aprobado para exercicios futuros nos cales se vaia realizar o gasto, ou ben o crédito que se incorporará como remanente específico permita a realización do gasto.
b) Para as actividades que se financian con recursos propios, cando o crédito inicial da partida, considerado no nivel de vinculación establecido no artigo 23, permita a realización do gasto.
- Os importes comprometidos con cargo a exercicios futuros indicados na alínea a) do punto anterior serán obxecto de adecuada e independente contabilización.