-
A recadación dos ingresos farase efectiva con carácter xeral a través de contas bancarias centralizadas e corresponderá á Xerencia a súa execución.
-
As contas bancarias abertas para a xestión dos anticipos de caixa só poderán percibir ingresos desde as contas centrais da Universidade, polo que calquera outro ingreso distinto será automaticamente transferido a unha conta centralizada para determinar a súa procedencia e contabilización.