-
Os estados de ingresos dos orzamentos formúlanse seguindo as clasificacións orgánica e económica.
-
A clasificación orgánica imputará o ingreso en función do órgano que o orixina.
-
A clasificación económica ordenará os diferentes ingresos en función da natureza do recurso, desagregando por capítulos o importe total dos recursos que por todos os conceptos estea previsto recoñecer durante o correspondente exercicio, segundo se trate de:
a) Ingresos correntes:os derivados da recadación por prezos públicos e outros ingresos, as transferencias correntes realizadas polas administracións públicas ou dende o sec- tor privado e os ingresos procedentes da xestión e explotación do patrimonio.
b) Ingresos de capital:os derivados do alleamento de investimentos reais e as transferencias de capital concedidas polas administracións públicas, entidades privadas e outros organismos.
c) Ingresos financeiros:os correspondentes aos activos e pasivos financeiros.